A delincuencia xuvenil cada vez máis vencellada ás mulleres, aumentou de forma alarmante nos últimos tempos, pasando a ser un problema que cada vez xenera maior preocupación social, tanto polo seu incremento como pola súa progresiva peligrosidade. As consecuencias da delincuencia pode desembocar no internamento da menor según a gravidade dos feitos.
Segundo a Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, as medidas impostas ás menores non poden ser represivas senón preventivas. O seu obxectivo prioritario e reorienta-lo seu comportamento antisocial, para orientar ó menor cara unha efectiva reinserción na sociedade. Establécese para a menor o límite nos 14 anos de idade ata os 18 ou os 21, según a gradación das consecuencias polos feitos cometidos, atendendo ás diversas causas, as circunstancias persoais e ó grao de madurez do autor. As medidas de internamento responden a unha maior perigosidade, caracterizada pola violencia, o abuso da intimidade e o danos persoais.
Os diferentes tipos de internamento, recollidos no artigo 7, responden á intensidade da restricción da liberdade:
-Internamento en réxime pechado: Por orden xudicial, as menores residirán no centro e desenvolverán nel as actividades formativas, educativas, laborais e de ocio. Requiren vixianza e control especial.
-Internamento en réxime semiaberto: As menores residirán no centro pero según a evolución do menor, podrán realizar fóra do internado as actividades
-Internamento en réxime aberto: As menores realizarán tódalas actividades fóra do centro. Según a orden judicial, podrán ter algún fin de semán libre.
-Permanencia de fin de semana en centro: As menores permanecerán no centro ata un máximo de 36 horas entre a tarde do venres e a noite do domingo.
En Galicia existen centros de menores que establecen acordos de colaboración con outras entidades públicas, do Estado ou privadas para a execución das medidas dos menores, baixo a supervisión dun especialista. Os centro específicos de internamento, todos mixtos son:
· Concepción Arenal ( A Coruña)
· Xoán Vicente Vaqueira ( Santiago de Compostela)
· Santo Anxo da Garda ( Lugo)
· Monteledo ( Ourense)
· Montealegre( Ourense)
· Montefix (Ourense)
· Avelino Montero (Pontevedra)